Los emigrantes en Suiza que se juntaron por el fútbol en los años 80 y ahora se reencontrarán en Santa Comba: «Algúns hai 40 anos que non nos vemos»
VEN A GALICIA
En octubre se reunirán en Galicia, procedentes de localidades como Sevilla o Salamanca, y hasta de Suiza, 17 exfutbolistas del Club Deportivo Español Helvético, que logró la pequeña gesta de subir a la tercera división de ese país. «Cando en Berna enfrontabamos ao Atees para nós era como o Real Madrid-Barça da emigración», recuerda José Duarte
30 sep 2026 . Actualizado a las 21:29 h.El xalleiro José Duarte, natural de Santa Comba, tiene una fecha de octubre ya marcada en rojo. «O venres día 16 xuntaremos na miña localidade 17 excompañeiros do Club Deportivo Español Helvético, no que todos militamos nos anos 80 en Suiza. Vén xente dende Andalucía, Estremadura ou Castela e León. Tamén mesmo de Suíza. Nese caso, son os compañeiros que non retornaron da emigración e xa quedaron alí. Algúns hai 40 anos que non nos vemos...», apunta ilusionado a sus 73 años, y aclarando cómo se gestó la cita. «Eu regresei da emigración no ano 2000. Hai poucos anos, un compañeiro andaluz montou un grupo de wasap e comezou a promover a xuntanza. Como moitos emigrantes eramos galegos, decidiuse que, de facela, tiña que ser aquí… Nese equipo, e xunto a xente desta zona, como da parroquia de Castriz, en Santa Comba, había moitos máis galegos, como de Arteixo ou de Vilalonga, en O Grove. Imaxina a emoción que xa temos todos!», comparte, sin dejar nunca de echar la vista atrás.
«Eu emigrei a Suíza no ano 1978. Estiven alí sobre 22 anos. Traballei tanto como axudante de porteiro nunha residencia de anciáns como de albanel. Primeiro vivín en Spiez e xa logo, e durante moitos anos, en Berna. Ao pouco de chegar ao país, un coñecido da zona, o de Castriz, xa me animara a asinar polo equipo no que el xogaba e no que se xuntaban moitos emigrantes españois. Comecei así no Club Deportivo Español helvético. Eu era o lateral dereito… Estiven xogando case unha década nel. E logramos a pequena xesta de subir da cuarta á terceira división suíza. Para nós, que eramos todos afeccionados, e tiñamos cadanseu o seu propio traballo, foi unha ledicia inmensa. Aínda lembro a celebración», evoca.
«Ao comezo, eu ía desde Spiez ata Berna para adestrar. Supoñía un esforzo, pero todo compensaba. Xogabamos nuns campos abertos que había preto do Stadion Wankdorf, sede do equipo de fútbol BSC Young Boys... Neses anos 80 había moitos equipos con galegos polos distintos cantóns da Confederación Helvética, sobre todo en divisións modestas. O noso gran rival era o Atees, tamén de Berna. Cando nos enfrontabamos a eles, para nós era como o Real Madrid-Barça da emigración. O equipo do centro galego non estaba na federación», explica José Duarte, incidiendo en la camaradería que había en su equipo, que podían integrar hasta 27 emigrantes.
«Botabamos moito tempo todos xuntos. Como antes non había tanta facilidade de transporte público, iamos tanto a adestrar como aos partidos en coches particulares. Cada un levaba a varios. Conviviamos moito… Eu debín xogar ata 1993. Anos despois xa volvín a Galicia, á miña zona de Santa Comba», repasa, sin obviar su trayectoria personal.
«Un compañeiro do equipo, que tiña unha moza suíza, convencérame unha vez para ir con eles e cunha amiga portuguesa a unha festa. Esa muller lusa aínda é hoxe a miña muller», realza, aclarando que en la cita de este octubre muchos de sus excompañeros vendrán también acompañados de sus familias.
«O venres 16 de outubro recibireinos en Santa Comba. Seremos en total sobre 26. Foi un que era o noso capitán, Ambrosio Moreno, quen hai unos anos promoveu todo a través do wasap», señala, y avanza que los excompañeros de Club Deportivo Español Helvético convivirán en Galicia durante todo un fin de semana.
«Quedaranse no Hotel Xallas de Santa Comba, que xa teño reservado. O sábado 17 faremos unha ruta pola Costa da Morte, indo cara a Fisterra ou o Ézaro. O domingo, e tras visitar pola mañá a feira de Padrón, achegarémonos pola tarde a Santiago. A idea é sacarnos todos unha foto no Obradoiro. Hai que gardar esta nova lembranza», remarca.