Curtas, o festival de cinema de fantasía, de terror e de ciencia ficción, ofrece a modo de prólogo gozar como protagonista dunha experiencia inmersiva polas rúas da capital arousá na que fuxir dunha horda de mortos viventes
21 sep 2026 . Actualizado a las 20:20 h.Fiel ao seu espírito innovador, a organización do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa aposta este ano por un prólogo rompedor pensado para xente con tantas ganas de divertirse como capacidade para facelo pasando medo. O sábado 17 de outubro, da man da empresa de eventos inmersivos World Real Games, o certame ofrecerá a posibilidade de sobrevivir a unha horda de mortos viventes interpretada por actores profesionais.
Baixo o título de Survival Zombie, a experiencia inmersiva reta a manterse fóra do alcance dun grupo de actores profesionais desprovistos de calquera vestixio de humanidade na procura de levar á boca carne fresca. Desde as 22 horas do día 17 de outubro e ata as 04.00 da madrugada do 18, os participantes deberán esmerarse para saír airosos dun xogo que combina acción, interpretación, estratexia, exploración e traballo en equipo, pudendo optar por aliarse con outros personaxes vivos ou mesmo recorrer á traizón para sobrevivir. E quenes sexan cazados polos zombis terán a posibilidade de continuar no xogo, caracterizados polo equipo de World Real Games como mortos viventes nun escenario no que deberán superar probas e tentar descubrir que hai tras a misteriosa voz que soa en todas as frecuencias radiofónicas pronunciando nomes e palabras sen que ningún poida tirar de teléfono para mandar un SOS.
O marco da terrorífica aventura ofrecida polo Curtas complétase cun deses condimentos base de tantas películas do xénero, unha subtrama de agasallo envolvendo a pandemia zombi: podería ser que o que sucede teña unha explicación ancestral procedente doutra dimensión falando desde un microondas avariado soltando palabras vudú?
Para os decididos a dar o paso de vivir unha velada non apta para cardiacos, con máis de 600 edicións celebradas xa por toda España, a inscrición vén de abrir a través da páxina web do certame vilagarcián, na dirección https://entradas.survivalzombie.es/comprar-entrada/curtas-vilagarcia-de-arousa-pontevedra. Os prezos da participación van desde os 19,90 euros, con diversas tarifas en función da idade (tamén para nenos), do papel que se queira interpretar na experiencia e do nivel de resistencia a ser mordido polos zombis que se elixa, ademais de engadidos como vidas extra.