Patrocinado por

Luar na Lubre animará a Gala Ribadumienses en Prol do Galego o Día das Letras

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

VEN A GALICIA

Santi M. Amil

A actuación será gratuita

03 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Ribadumia está a organizar a sexta edición da Gala Ribadumienses en Prol do Galego, na cal rende homenaxe «a veciños e veciñas, asociacións ou entidades do municipio que participan, dun xeito ou outro, en prol da conservación e posta en valor da nosa lingua».

A gala celebrarase o día 17 de maio, ás oito da tarde, no auditorio municipal da vila. Durante a mesma, o Concello pretende agasallar ás persoas asistentes co concerto gratuíto, que será ofrecido polo grupo Luar na Lubre.

Para poder acudir ao mesmo, din dende o Concello de Ribadumia, haberá que reservar entrada para o recital. O prazo de reserva de praza comeza hoxe mesmo, día 3 de maio, e prolongarse ata o día 11. Todas as persoas empadroadas na localidade poden retirar dúas entradas por cabeza, ben de forma presencial, ben nas oficinas municipais, e tamén chamando por teléfono ao número 986718491 / 9.