Patrocinado por

A Mochila da Luz súmase á promoción da Orixen de todos os Camiños

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

VEN A GALICIA

Martina Miser

A asociación e a mancomunidade asinaron un convenio de colaboración

14 abr 2023 . Actualizado a las 18:01 h.

A Mancomunidade do Salnés asinou un convenio de colaboración coa asociación A Mochila da Luz Camiños de Santiago que vai permitir promocionar os itinerarios turísticos de Orixen de todos os camiños entre os peregrinos que fan o Camiño Portugués.

Esta asociación leva doce anos dando información e apoio loxístico aos camiñantes, a razón de entre 500 e 1.000 persoas ao día, o cal a converte nunha importante canle de divulgación de forma directa e a través das redes sociais.

A Mochila da Luz organiza ao longo do ano saídas desde Oporto a Santiago que, a raíz da pandemia, dedícanse especialmente ás vítimas do covid, aínda que nesa mochila viaxeira cárganse de xeito simbólico os recordos de outras moitas persoas que quedaron atrás.

A mancomunidade facilitaralle á asociación folletos e demais material divulgativo para que eles os distribúan entre os camiñantes dando así a coñecer a ruta marítimo-fluvial ou a Variante Espiritual, descoñecidas para moitos dos que emprenden o Camiño Portugués.