Patrocinado por

Tanxugueiras encabezará o Festigal

La Voz

VEN A GALICIA

Tanxugueiras, en un concierto reciente en el Pazo da Cultura de Narón
Tanxugueiras, en un concierto reciente en el Pazo da Cultura de Narón KIKO DELGADO

O festival celebra o seu vixésimo aniversario o 24 de xullo

05 may 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

24 de xullo • Campus sur • O Festigal festexará o seu vixéximo aniversario cun cartel musical encabezado polas Tanxugueiras. O trío de pandeireteiras actuará na noite do 24 de xullo. Acompañaranas A banda da Loba, Familia Caamagno e Bratzantifa.

Pero haberá máis música ao longo da xornada, segundo anunciaron onte representantes da organización, da Fundación Galiza Sempre e de Galicia Nova. Deste xeito, no café concerto estarán Alberto Mvundi, Os John Deeres, Berto de DJ Ferromona. Ademais, unha feira de asociacións, postos de artesanía, zona de acampada, oferta gastronómica, librerías, unha galería das ideas e obradoiros infantís completan a programación desta edición especial do Festigal, que acada os vinte anos.