Patrocinado por

A Feira do Libro de Santiago reunirá a máis de corenta autores

La Voz

VEN A GALICIA

XOAN A. SOLER

A escritora Berta Dávila ofrecerá o pregón este domingo na Alameda

28 abr 2022 . Actualizado a las 04:50 h.

A escritora compostelá Berta Dávila será a encargada de abrir oficialmente co seu pregón a nova edición da Feira do Libro en Santiago, que se desenvolverá desde este domingo ata o vindeiro día 8 de maio na Alameda. Durante estes oito días máis de corenta autores pasarán polas casetas para asinar exemplares e presentar os seus libros, así como para participar en diferentes conversas literarias. Non faltarán tampouco espectáculos musicais e teatrais na programación para a cativada. Deste xeito, as actividades presenciais volven con forza a esta cita despois de dous anos moi limitadas por mor da pandemia. As casetas permanecerán abertas de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas e ofrecerán un 10 % de desconto nos libros.

Na primeira xornada asinarán exemplares Alberto Cacharrón, Isabel Bugallo y Sarria, Arantza Portabales, Luisa Martínez, José Ángel Ares, Stephanie Olwen, Berta Dávila e Javier Peña. O luns será a quenda de Juan Prieto, Antón Valcarce, Xesús Valcárcel, Manuel Iglesias Turnes e Llerena Perozo. O martes regresará Juan Prieto e tamén participarán José Antonio Vázquez Taín, Pedro Feijoo, Antía Yáñez e Berta Dávila, Diego Ameixeiras e Marcos Calveiro. O mércores 4 estarán Juan J. Prieto, Diego Ameixeiras, Julia Lago, Rosa Aneiros e Afonso Eiré.

Xa pasado o ecuador, o xoves, chegarán Jorge Campos, Luis Rodríguez Cao, José María Paz Gago, Xoaquín Fernández Leiceaga, Finy Sesmonde, Félix Modroño, Carlos Méixome e Xacobe Pato. O venres, ademais de repetir Finy Sesmode, pasarán polas casetas Manuel Veiga Taboada, Rosalía Bermúdez, Pemón Bouzas, Miguel Ángel Cajigal, Eva Mejuto e José Miguel Valle. A xornada pechará cunha conversa entre os escritores Suso de Toro e Xesús Fraga.

Xa na última fin de semana, o sábado a Feira do Libro terá como protagonistas a Xosé Lueiro e Sara Valcárcel, María Reimóndez, Finy Sesmonde, Xesús Rábade Paredes, Alfonso Barreiro, Alberto Hontoria e Nuria Díaz, Carlos Callón, Kiko da Silva, Miguel Alonso, Beatriz Estévez, Rodrigo Costoya, Anxo Muíños, Antía Yáñez, Blanca Riestra, Fernando Fernández Rego e R. J. Peralta e Blanca Millán. O domingo, para baixar o pano da nova edición, achegaranse Arantxa Nogueira, Rober Cagiao, Alfonso Barreiro, Rosario Baleirón, Josiño Araújo e Blanca Rodríguez Garabatos.