Patrocinado por

Presentación da nova guía turística de Combarro

Alfredo López Penide
L. Penide

VEN A GALICIA

CONCELLO DE POIO

A publicación, que conta cunha tirada de 2.000 exemplares, foi obra de Rafael Vallejo

27 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis de setenta persoas acudiron a sede da Comunidade de Montes Regra dos Agros para asistir á presentación da guía Combarro Patrimonio Cultural de Galicia. Guía de su arquitectura popular y de su historia, elaborada polo presidente da asociación A Solaina, Rafa Vallejo. Tanto o alcalde Luciano Sobral como a concelleira de Turismo, Silvia Díaz, participaron na posta de longo «dunha publicación que fai un extenso e pormenorizado repaso á traxectoria e evolución histórica, patrimonial, social e turística de Combarro».

A obra, que conta cunha tirada de 2.000 exemplares de 84 páxinas, ve «a luz nun momento especial, cando se conmemoran os 50 anos da declaración de Combarro como Conxunto Histórico, feito que tamén é protagonista na guía elaborada por Rafael Vallejo», engadiron dende o Concello de Poio. Os representantes municipais destacaron a utilidade da guía «para por ao alcance de visitantes e da propia veciñanza o coñecemento, o significado, a historia, a singularidade e transcendencia de Combarro», xa que inclúe información moi variada, fotografías e imaxes históricas e un mapa con datos turísticos.