Iago García
Iago García
Iago García

(1984) Comunicador Audiovisual. Guionista & Periodista

(1984) Comunicador Audiovisual. Guionista & Periodista

Últimos artículos publicados

03 may 2024

Sofía Rodríguez, de theCosmethics, en «De 0 a 100»: «Cosmética ética é venderlle a unha clienta só os produtos que realmente necesita»

O programa que achega exemplos de emprendemento a centros educativos de secundaria da man de La Voz e a consellería de Educación levou ao IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia a unha das fundadoras do «ecommerce de cosmética». Formada nese centro, e posteriormente estudante de empresas e relacións internacionais, apostou por adicarse ao que realmente lle gustaba. «Esa é a clave dende o meu punto de vista para botar a andar un negocio que non sabes cando empeza se vai ir ben ou mal, que che guste realmente o que queres facer», dixo a limiá ao alumnado. A empresa botou a andar en Allariz en 2011, primeiro contaba con tenda física e web, pero hoxe en día está xa plenamente adicada Sofía e as súas compañeiras ao negocio online. «O que nos distingue é a selección dos produtos, orgánicos, naturais e de calidade e o noso asesoramento, buscando a fidelidade da clientela», sinala Rodríguez. Sirven 1.500 referencias distintas a toda Europa e contan tamén cunha marca propia. No último exercizo, theCosmethics, está dando beneficios despois dunha ampliación de capital en 2020 que as fixo medrar en plena pandemia. «Nós mesmas sabemos que vendemos ingredientes e resultados por iso somos as primeiras en testar os produtos, saber como funcionan e así poder dicirlle ás nosas clientas cómo lles vai a funcionar», detalla orgullosa do seu día a día. «Cosmética ética é venderlle a unha clienta só os produtos que realmente necesita», conclúe sobre a súa labor

IAGO GARCÍA / SENÉN ROUCO / ÁLEX LÓPEZ-BENITO

03 may 2024
Belén Reimondo, fundadora de Belén Cars en Ferrol

Belén Reimondo, de Belén Cars, en «De 0 a 100»: «Mercamos un coche para os vindeiros dez anos, con ese horizonte nunca recomendaría un eléctrico»

O programa que achega exemplos de emprendemento a centros de secundaria da man de La Voz en colaboración coa consellería de Educación, convidou á empresaria Belén Reimondo para falar do seu negocio de compraventa de coches, Belén Cars. Con sede en Ferrol, é a súa aposta persoal despois de 25 anos adicada de cheo á venda de coches. Aos alumnos de secundaria do centro onde esta mariñá estudou, o IES Dionisio Gamallo de Ribadeo, explicoulles os motivos que a levaron a deixar de ser traballadora por conta allea, pasando a ser a súa propia xefa. «Aproveitei a miña experiencia en vehículos de alta gama para ofrecer un servicio de mediación, no que a cambio dunha comisión, buscamos no mercado de segunda man o coche que mellor se adapta ás necesidades dos nosos clientes», explica Reimondo. Para ela, a pesar do tempo que leva entregando vehículos, trátase dunha merca «especial e cun gasto importante» e sempre é «gratificante» ver que lle entregas algo «tan desexado» a unha persoa. Con menos de dous anos dende a súa fundación, Belén Cars vendeu 97 vehículos en 2023, unha cifra que leva a Reimondo a pensar en ampliar o negocio. Iso sí, de momento aínda centrada nos vehículos movidos por motores de combustión. «Os meus clientes veñen buscando un coche para a vindeira década, que lles permita usalo en calquer circunstancia e iso os eléctricos aínda non o permiten pola súa autonomñia e infraestructura de recarga», di Belén. «Nun futuro a autonomía e a rede de carga mellorará, non teremos que estar pendentes de planificar viaxes longas con eles e quizais permitan ser usados por calquera persona en todas as circunstancias, algo que agora non é así», conclúe

IAGO GARCÍA / ÁLEX LÓPEZ-BENITO / SENÉN ROUCO / JORGE GARCÍA